• Pontevedra

Volvemos meternos en fariña

Despois de dous anos volvemos «Con Moita Miga», esta vez será na cidade do Lérez, porque somos inquietos/as e porque temos como principal obxectivo espallar e difundir o pan galego e que este sexa de excelente calidade.

Pontevedra é unha cidade nun proceso de renovación constante, con moita vitalidade que convida a realizar eventos deste tipo. Para esta nova edición queremos ir aínda máis aló do primeiro Encontro e incorporar o evento á cidade, polo que realizaremos charlas, talleres e catas que atopará o paseante polas rúas da cidade. Anotade os días na axenda: 26, 27, 28 de febreiro e o día 29 a xornada profesional.

Preparádevos a gozar do, posiblemente, mellor pan do mundo!

Etiquetas: 
xornadas, pontevedra