O Pan na Praza de Abastos

O sábado 27 de febreiro Con Moita Miga converterá a Praza de Abastos de Pontevedra nunha Panadería ambulante. Poderase facer pan, preguntar todo o que se queira, moer gran, comer roscóns e larpeiradas, facer fermentos, amasar, falar das propiedades nutritivas do pan, enfariñarse e convivir con panadeiros e xente que lle encanta o mundo do pan. Seremos unha panadería aberta a tod@s na Praza de Abastos. Seremos a esencia do Pan Galego!!

Teremos moitas dinámicas abertas a horas diferentes como poden ser os distintos microtalleres nos que haberá que estar inscritos. Así ensinaremos a amasar, Jonathan de Panadería Xeve vai a facer pan cun montón de nenos, Teba González impartirá en dúas roldas unha auténtica clase sobre as propiedades nutritivas do pan artesán. Ibán Yarza vai a falar de diferentes Pans de Europa que teñen relación con Pans Galegos, Luis de Panadería Santa Cruz 1951 ensinará os diferentes fermentos que usamos, Ramón Cuíña terá un muíño no que estará a moer toda a mañá e explicará as partes da moenda, do gran, tipos de fariñas... Manuel Patiño, profesor do Carlos Oroza, fará e dará a degustar larpeiradas. Todo isto ao mesmo tempo no que o gran mestre da panadería galega José Luis Miño, xunto co pontevedrés Dani Pampín e Suso Castro, estará facendo Pan Galego e mostrando e abrindo a nosa panadería a todo o mundo.

Comeremos pans e veremos como hai que degustalos e facelos. Teremos unha xornada moi activa que non vos podedes perder porque unha oportunidade así non a temos todos os días. Non o dubidedes, nós xa estamos preparando todo para que O PAN NA PRAZA sexa un espectáculo!!

Etiquetas: 
pontevedra, xornadas, taller