Con Moita Miga, 2014

A primeira xornada de pan galego «Con Moita Miga» celebrouse o 26 e 27 de xaneiro de 2014 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coa perspectiva e a idea de poñer en valor as novas ideas na panadería, os cambios do sector e a maneira de como afrontar o futuro.

O evento contou cunha xornada de portas abertas e outra profesional, onde se trataron diversos temas como a maquinaria, con José Ayats; a utilización da industria do frío con Eduardo Madrid; falou do precocido o bioquímico Javier Rodríguez e das fariñas Emilio Estevan. Todo nunha tarde de mesas redondas que culminou unha xornada profesional precedida na mañá por José Montero que visualizou o mundo da pastelería na panadería e por Ibán Yarza que reflectiu a importancia da calidade do pan.

Podes ver momentos das xornadas no Flickr de «Con Moita Miga»

Etiquetas: 
xornadas, santiago