O fermento de moita miga…

Somos un grupo de xente de pan, de persoas ligadas máis ou menos á panadería que o único que buscamos é a difusión do pan e da súa calidade como último fin. Sen máis, sen nada máis. Pan e Oficio. Con Moita Miga só intentará ser unha representación deses valores mediante a realización de diferentes dinámicas da maneira máis sincera posible.

Pan Galego como último fin, como a garantía de calidade, da tradición e de aposta de futuro. Entendemos que a perspectiva dos anos e das diferentes miradas que temos nesta asociación será capaz de entender que hai un camiño por percorrer que nos levará a ensalzar, coidar e conservar este produto.

A tradición dun oficio milenario nun eido coma o noso, Galicia. Unha maneira moi particular de facer pan, que de xeracións en xeracións fixo que o Pan Galego fose valorado coma un dos mellores do mundo. Pois ben, nesas andamos e iso queremos. Na procura de continuar sendo unha referencia de Pan e na busca de garantir un Oficio romántico, maravilloso e eficaz para poder vivir.

Con Moita Miga. Pan e Oficio.

 

Guille Moscoso, Presidente da Asociación Cultural Con Moita Miga.