O sábado 27 de febreiro Con Moita Miga converterá a Praza de Abastos de Pontevedra nunha Panadería ambulante. Poderase facer pan, moer gran, comer roscóns e larpeiradas, facer fermentos, amasar...

Preparádevos e organizade as datas. Reservádeas para os días 26, 27, 28 e 29 de febreiro xa que teredes unha cita importantísima co Pan Galego e os panadeiros en Pontevedra.

Pontevedra

Despois de dous anos volvemos «Con Moita Miga», esta vez será na cidade do Lérez, porque somos inquietos/as e porque temos como principal obxectivo espallar e difundir o pan galego e que este sexa de excelente calidade.

Embedded thumbnail for Con Moita Miga, 2014

A primeira xornada de pan galego «Con Moita Miga» celebrouse o 26 e 27 de xaneiro de 2014 na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coa perspectiva e a idea de poñer en valor as novas ideas na panadería, os cambios do sector e a maneira de como afrontar o futuro.