Fermento

Con Moita Miga son os grandes pans galegos. Con moita miga húmida, aromática e sabrosa. Aquela que transmite unha tradición de xeracións do arte de saber facer pan de verdade.

Chegamos para axudar, para descubrir un mundo que parece cuberto pola noite, para que se abra ao día nas panaderías galegas e que poidamos ensinar que en Galicia non é que o fagamos mellor, é que o facemos dunha maneira que só nós somos quen de que perdure.

Os panadeiros volverán ser os protagonistas, o produto terá o lugar que merece, a tradición encauzará os pasos das vangardas. Un evento. Algo novo. Algo ilusionante. Contamos con todos, benvidos. Comezamos... Con Moita Miga.