Información de Interese

Xornadas Con moita miga

Días 26 e 27 de xaneiro, 2014

Como chegar:

As xornadas realizaranse no edificio CINC do Gaiás, Cidade da Cultura. GPS l: 42.870162 L: -8.52567

Onde aloxarse:

Hotel San Miguel, un pequeno hotel no centro de Santiago, fai unha oferta para os participantes nas Xornadas, presentando a reserva das mesmas.

  • 
Cuarto individual: 36,00 €
  • Cuarto dobre: 45,00 €
  • Dobre Superior: 53,00 €

Os prezos inclúen IVE e o almorzo-buffet é aparte por 6 €

Ademáis Santiago ten unha ampla oferta de hoteis con encanto na zona vella.

Onde comer:

Na cantina do Gaiás

Actividades de interese:

Nestes días o máis destacado en Santiago é:

  • Exposición 93 no CGAC (Rúa Valle-Inclán, 2).
    Aberto de 11 a 20 h, entrada gratuita. Luns pechado.
  • Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade.
    Museo das Peregrinacións, Praza de Praterías.
    Aberto de martes a sábado de 10 a 14 h e de 16 a 20 h, domingo de 11 a 14h (luns pechado) Prezo: 2,50 €
  • Visitar o Gaiás
    Visitas guiadas de 11:30 a 17:30 h, desde o Espazo On
  • En ningún lugar
    Nas Torres Hejduk, Gaiás, Cidade da Cultura