José Cannas de Pepe Vieira no microtaller
Grazas!

Dende a asociación con moita miga queremos agradecer o apoio dos patrocinadores, colaboradores e amigos que fixeron realidade este soño: que durante uns días o pan se convertira no protagonista. Agardamos que sexa o xermolo dunha grande amizade e recoñecemento. Aqui podedes ver algúns dos momentos das xornadas. Na fotografía José Cannas de Pepe Vieira no microtaller.

con moita miga mostra pan galego
Hoxe, encontro profesional.

Logo do intenso día de onte, no que durante todo o día estivemos realizando microtalleres, degustando pan e escoitando conferencias, hoxe chegou o día de reflexionar sobre o futuro desta profesión, para iso contaremos con José Montero, Emilio Esteban, José Ayats, Javier Rodríguez e por suposto con Xosé Manuel García, Ibán Yarza e Guillermo Moscoso, que xa nos acompañaron onte.

completo conmoitamiga
ESGOTADAS as entradas para a xornada profesional

O éxito de convocatoria a estas xornadas superou as nosas expectativas, e a dous días da xornada profesional do luns temos que pechar as inscricións, sentímolo moito polos interesados/as que non poidan asistir e tomamos nota para vindeiras convocatorias. En calquera caso podedes participar o domingo de 10h a 2h e de 16h a 19h. Gracias a todos e a todas polo apoio.

talleres para nenos
Mañá domingo, talleres para os máis pequenos

Mentres os maiores participan dos microtalleres ou das conferencias, as e os máis pequenos contarán cun espazo para facer tamén eles barriñas e xogar coa masa de pan, e como nos microtalleres dos maiores, poderán descubrir sabores nunha cata ás cegas… o taller será levado por Vilamincha

Unha noite especial, a noite branca do pan

A noite de vixilia que pasaron os amantes do pan acompañando aos panadeiros nesta noite branca, non puido ser máis positiva, interesante e divertida… romperon a dinámica do nocturno traballo para convertila en todo un acontecemento mediático e dándolle o protagonismo a esa inigualable masa. Aqui podedes ver algunha mostra: https://tagboard.com/conmoitamiga e https://tagboard.com/noitedopan.

Último día de inscrición con prezo reducido

Hoxe, día 22, será o derradeiro día para inscribirte á xornada profesional por 20€. A partir de mañá o prezo será de 25€ e non realizaremos devolucións.

pan centeo conmoitamiga
Unha mostra dos diferentes pans

O pan galego conta con multitude de variedades, as bolas de miga húmida e sedosa, as roscas das codias crocantes, os bolos con fariña do país de sabor intenso e prolongado, o pan branco e lixeiro, os pans de centeo, as bronas ou broas.... Na xornada do domingo 26, poderás degustar a partir das 12:30h algúns destes saborosos pans identitarios.
Hai oportunidades que non se poden deixar escapar.

Agotadas as entradas ao taller con Ibán Yarza

Un obradoiro para aprender e entender como se fai pan. En dúas trepidantes horas falaremos de fermentación das masas de pan, cheiraremos os fermentos que dan alma ao pan, e aprenderemos a amasar, a tocar a masa e forneala.

Jose Montero conmoitamiga
José Montero

Colaborador habitual da revista Molinería y Panadería José Montero falaranos na xornada profesional do día 27 dos complementos do pan na tenda como marca diferenciadora, sobre a bollería e a pastelaría de calidade.

Páxinas