Inicio

X23/01/14
Noite branca do pan
Coñecer o contexto: visitamos os obradoiros dalgunhas das zonas máis importantes de Galicia de tradición panadeira, aforo limitado a cada obradoiro a xornalistas, profesionais da comunicación e bloggers de gastronomía ou turismo.

Xoves 23 de Xaneiro. Noite branca do pan

Baixo invitación, a organización acompañará a dous profesionais da comunicación para a visita, en horario laboral de cada obradoiro, dalgunhas das zonas panadeiras máis importantes de Galicia. Se es un profesional e estás interesado en participar nesta actividade, contacta connosco a través de conmoitamiga[arroba]gmail.com

D26/01/14
Xornada aberta
Para todos os públicos. Entrada gratuita. No edifico CINC do Gaiás. Xornada de carácter social para o público en xeral interesado no mundo do pan e que contará cunha serie de charlas ou conferencias e mostra dos diferentes pans do país.

Domingo 26 de Xaneiro. Xornada aberta

  • 10:00. Inauguración
  • 10:30. A historia do pan en Galicia. Jorge Guitián.
  • 11:30. Microtaller Inicio, amasado:
    1. Tipos de fariñas do pan galego
    2. Facemos a nosa masa nai
    3. Aprende a amasar
  • 12:00. O pan. Ibán Yarza.
  • 13:00. Microtaller Fermentamos, formamos:
    1. Tender, bolear e formar pans de barras
    2. Formado de cornechos
    3. Empiruchado de molete
  • 16:30. A importancia do pan na dieta. Lourdes Gago Cea e Lucía García Andújar.
  • 17:30. O pan galego como referente. Xosé Manuel García e José Luis Miño e familia, panadeiros.
  • 18:30. Microtaller Finalizamos, catamos:
    1. Aprende a catar, a conservar
    2. Cata a cegas dos distintos pans galegos
    3. A maridaxe perfecta
  • 19:00. Obradoiro «Fermentos e técnicas na túa casa» con Ibán Yarza

Para os cativos:

Desenvolverase unha acción (tipo lúdica-gardería-cultura do pan) levada por Eva de VilaMincha

Para todos:

Durante toda a xornada se realizarase, no edificio Cinc, unha mostra ou degustación dos pans máis famosos de Galicia.

Microtalleres ou microcatas:

Durarán entre 15 e 20 minutos e serán impartidos para 10 persoas.

L27/01/14
Xornada profesional
De carácter restrinxido, desenvolveranse charlas e conferencias para o sector. Con esta terceira xornada, pretendemos coñecérmonos e crear vínculos entre os propios panadeiros e compartir con expertos de diferentes ámbitos.

Luns 27 de Xaneiro. Xornada profesional