Política de privacidade de datos

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e a súa normativa de desenvolvemento, o responsable do sitio web, en cumprimento do disposto no artigo 5 e 6 da LOPD, informa a todos os usuarios do sitio web que faciliten ou vaian facilitar os seus datos persoais, que estes serán incorporados nun ficheiro automatizado que se atopa debidamente inscrito na Axencia Española de Protección de Datos.

Os usuarios, mediante a marcación da caixa de verificación, aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca que os seus datos persoais sexan tratados por parte do prestador para realizar as seguintes finalidades:

  1. Remisión de comunicacións por e-mail, correo postal, SMS ou a través de chamadas telefónicas ou calquera outro medio electrónico ou físico, presente ou futuro, que posibilite realizar comunicacións. Ditas comunicacións comerciais serán relacionadas sobre produtos ou servizos ofrecidos pola Asociación Cultural Con Moita Miga, así como por parte dos colaboradores ou partners cos que esta alcanzase algún acordo. Neste caso, os terceiros nunca terán acceso aos datos persoais. En todo caso as comunicacións comerciais serán realizadas por parte da Asociación Cultural Con Moita Miga.
  2. Realizar estudos estatísticos.
  3. Tramitar encargos, solicitudes ou calquera tipo de petición que sexa realizada polo usuario a través de calquera das formas de contacto que se pon a disposición do usuario no sitio web da compañía.
  4. Remitir o boletín de noticias da páxina web.

A Asociación Cultural Con Moita Miga informa e garante expresamente aos usuarios que os seus datos persoais non serán cedidos en ningún caso a terceiras compañías.

O prestador garante en todo caso ao usuario o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación, información e oposición, nos termos dispostos na lexislación vixente. Por iso, de conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) poderá exercer os seus dereitos remitindo unha solicitude expresa, xunto a unha copia do seu DNI, a través do correo electrónico conmoitamiga@gmail.com.

Do mesmo xeito, o prestador adoptou todas as medidas técnicas e de organización necesarias para garantir a seguridade e integridade dos datos de carácter persoal que trate, así como para evitar a súa perda, alteración e/ou acceso por parte de terceiros non autorizados.

Uso de cookies e do ficheiro de actividade

A web www.conmoitamiga.org pode utilizar cookies cando un usuario navega polo sitio web. As cookies son ficheiros enviados ao navegador por medio dun servidor web coa finalidade de rexistrar as actividades do usuario durante o seu tempo de navegación.

As cookies utilizadas polo sitio web asócianse unicamente cun usuario anónimo e o seu computador, e non proporcionan por si mesmas os datos persoais do usuario.

Mediante o uso das cookies resulta posible que o servidor onde se atopa a web, recoñeza o navegador web utilizado polo usuario coa finalidade de que a navegación sexa máis sinxela, permitindo, por exemplo, o acceso aos usuarios que se rexistraron previamente, acceder ás áreas, servizos, promocións ou  concursos reservados exclusivamente a eles sen ter que rexistrarse en cada visita. Utilízanse tamén para medir a audiencia e parámetros de tráfico, controlar o progreso e número de entradas.

O usuario ten a posibilidade de configurar a súa navegador para ser avisado da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu equipo. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información.

As cookies utilizadas neste sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal coa única finalidade de facer máis eficaz a súa transmisión.